Saltar ao contido

Almeida, Boyacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlmeida, Boyacá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°58′14″N 73°22′43″O / 4.9706, -73.3786
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.171 (2005) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude2.048 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webalmeida-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Almeida é un concello colombiano, que se atopa na provincia do Oriente, no departamento de Boyacá. Atópase a carón do encoro la Esmeralda que abastece a central hidroeléctrica de Chivor. Está comunicado vía terrestre co concello de Guateque, do cal dista 27,5 km. Ten unha superficie de 57,98 km²[1] e unha poboación de 1.754 persoas (2015).[2][3]

O concello foi fundado nunha verea de nome Yavir do concello de Somondoco o 26 de abril de 1889, baixo o nome de La Santísima Trinidad, na honra de tres bispos da rexión. Posteriormente foi cambiado o nome polo actual Almeida, como tributo aos irmáns Almeida que loitaron pola independencia na batalla de Boyacá.

O 28 de agosto de 1906, erixiuse como a Parroquia da Trinidad. O 24 de setembro de 1907, efectuouse a fundación oficial por medio do Acordo Departamental No. 003 do 4 de xullo de 1907, baixo a presidencia do xeneral Rafael Reyes.

  1. "Información general de Almeida". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. Censo de 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]